Saltar navegação

Blog

Axuda

RAÍZES: novo programa na radio Piratona

Ola a tod*s,

escribo no blogue para comentar unha ideia que está a piques de saír polas ondas... un programa de hortas!!

eu ofrezome a coordinar o projecto, pero fai falha xente que queira falar da súa horta e compartir parte das súas experiencias.

Un programa para falar de plantas, hortas, compost, permacultura, animais, o tempo, a lúa, ... e con música, humor e bo-rolhismo ;)

estades convidadas a aportar as vosas ideias, e a vir a falar pola radio unha vez cada 15 días ou cada mes... quen se apunta ao primeiro programa? e ao segundo?

Enfermidades: caída de plántulas

Por se alguén maís se atopou con este problema: plántulas nas que se observa un estreitamento xusto no punto que queda ao nivel do solo, que fai que caia (neste caso as plántulas son de coentro e alfábrega).

Posible resposta, extraída de: http://www.pimientoasadodelbierzo.org/g.hongos.html

ENFERMEDADES: Hongos, bacterias y virus “Damping-off” o caída de plántulas: Pythium spp., Rhizoctonia spp., Fusarium spp., Phytophthora spp. Descrición: La caída de plántulas es provocada por varios hongos, siendo los más comunes Pythium spp., Rhizoctonia spp., Fusarium spp. y Phytophthora spp.

Rede de hortas na Sementeira

Ola a todas! Como sabedes esta fin de semana é a festa da sementeira en Matamá e nela celebraranse as olimpiadas do campo (http://colectivomalaherba.blogspot.com.es/). A rede de hortas ten decido participar colocando un posto no que se ofrecerá información e se tentarán cartografiar as hortas da comarca.

Tamén participaremos nas olimpiadas como equipo, así que se alguén se quere anotar que avise xa que case están completas as prazas.

SANDAZASETE PERMACULTURA & OPEN TECH

Este sábado en Alg-a Lab /Xornadas de permacultura & open tech + Furancho Electrónico !!!

Convidámosvos a unha xornada completa, podedes vir ao que máis vos interese, ou a todo, traer comida, hai pinchos e bebida no noso Furancho !!!

  • a partir das 10:30 traballos hortícolas
  • 11:30 poda maceira
  • 16:00 obradoiro bockashi 'ftm'
  • 18:00 construcción invernadoiro para planteles
  • 20:00 encontro horta dixital
  • 21:00 make up aumentado +info http://www.alg-a.org/Performance-Devuison-de-Berio
  • 22:00 recital concerto maría lado <http://www.fervenzasliterarias.com/index.php/rec

III Foro-Mesa Redonda

O Sector Forestal a Debate Sábado 10/03/2012 (día da clase obreira galega) no centro Cultural de Xinzo (Ponteareas)

ventanas

boas!! temos unas ventanas de aluminio que igual poden servir para facer semilleiros ou alguna outra cousa na horta... se alguén as quere q mo diga!!

Palestra: Agroecoloxía en Granada

*AS HORTAS URBANAS NA CIDADE DE GRANADA: PROCESOS DE RECUPERACIÓN E REDEFINICIÓN COLECTIVA DO TERRITORIO

*E PRESENTACIÓN DO PROXECTO “AGRODILAR” PROXECTO AGROECOLÓXICO NA VILA DE DILAR, ARREDORES DE GRANADA

XOVES, 29 DE DECEMBRO C.S. A COVA DOS RATOS 20:30h (Rúa Romil nº3)

A CARGO DE JUAN MEDELA, PARTICIPANTE DE AMBOS PROXECTOS ORGANIZA: ENCONTRO DE HORTAS DA ÁREA DE VIGO

Creación Horta Colectiva

Xornada de traballo para a creación dunha horta colectiva no Barrio do Cura.

Sábado 10 de decembro, ás 11:00h.

Curso: recursos do rural como posibilidades de autoemprego

Por se a algún/ha vos interesa, vai información sobre un curso:

Dende o Sindicato Labrego Galego da comarca Pontevedra Sur temos posto en marcha un curso que leva por título “Recursos do rural como oportunidade de autoemprego” o cal se vai a celebrar na parroquia de Reboreda (Edificio Municipal do Pazo de Pousadouro), concello de Redondela, dende o 25 de outubro ao 7 de novembro.

O curso pretende ser un conxunto de xornadas ou obradoiros introdutorios sobre distintos aproveitamentos do rural e entre eles apicultura, elaboración de viños, plantas medicinais e aromáticas, conservas e marm

III Encontro da Rede Galega de Sementes

Sábado 8 de outubro A partir das 10:30h Redondela

Precisa de ajuda?

Blog

The blog lets your team communicate by posting updates and discussing issues. It is a great place for sharing progress, discussing challenges, and exploring ideas.